Respaldo político ao acordo entre Iberdrola, Navantia e Windar para a eólica offshore


A ministra de Facenda e Función Pública, María Jesús Montero, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiron a Ferrolterra ao acto de sinatura do acordo entre Iberdrola, Navantia e Windar, con esta firma para a fabricación e subministración de 130 cimentacións de tipo monopile XXL, a industria galega rubrica unha nova oportunidade que se traduce na predisposición de Iberdrola a realizar pedidos por valor de ata 400 millóns de euros entre os anos 2023 e 2025. Para facelo posible, o consorcio Navantia e Windar porá en marcha unha fábrica específica nos terreos de Navantia Fene, mellorando as capacidades do estaleiro ao abrirse a un novo produto dentro do sector de cimentacións mariñas fixas.