Restablecido o transporte público dos sábados nas áreas da Coruña e de Ferrol

1 minutes read

O incremento da mobilidade rexistrada nestas zonas, unido á situación sanitaria, levou á Xunta a recuperar todas as expedicións nestas liñas, que se viron afectadas por unha adaptación temporal desde febreiro derivadas do descenso da mobilidade a consecuencia da pandemia da covid-19.

A evolución sostida da pandemia fai que se teña rexistrado nas últimas datas unha recuperación da demanda de transporte público nas contornas destas dúas áreas de transporte metropolitano.

Ante esta tendencia crecente, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade deu instrucións á empresa concesionaria, Alsa, de que proceda á restitución completa de dos servizos dos sábados que están recollidos nos contratos de concesión dos que é titular: leste da comarca da Coruña e metropolitano de Ferrol.

Esta medida beneficia a cidadanía dos concellos de Arteixo, da Coruña, da Laracha, de Bergondo, de Betanzos, de Cambre, de Carral, de Cerceda, de Culleredo, de Oleiros, de Ordes e de Sada; así como aos veciños de Ferrol, de Narón e de Neda.

A partir deste sábado, día 24 de abril, a veciñanza destes municipios volve ter dispoñibles todas as conexións e frecuencias recollidas nos contratos.