Restauran o reloxo de María Pita

Cedida.

O reloxo do pazo de María Pita volverá a soar en primavera. Unha empresa coruñesa é a encargada de realizar os traballos de restauración da maquinaría que levaba 20 anos funcionando tan só con labores de mantemento. Trátase dunha restauración completa e moi complexa por mor da antigüidade das pezas que require moita precisión, segundo os técnicos da propia empresa. A maquinaria deixou de funcionar a principios de 2020 e foi necesaria a renovación de moitas das engrenaxes danadas polo paso do tempo. O Goberno Local asegura que o reloxo é un símbolo da cidade e por iso foi necesario recuperalo coas maiores garantías posibles.