Restrinxido o acceso a Praia das Catedrais

A partir deste sábado a praia das Catedrais limita a súa entrada. Cada día só poderán visitar este areal da Mariña luguesa un máximo de 4.812 persoas. Será ata o 30 de setembro e terá que facerse a través das canles habilitadas pola Xunta para a reserva previa. O acceso á praia é gratuíto, pero está restrinxido precisamente para conxugar o dereito para gozar do monumento natural co deber de protexer este espazo único na Mariña lucense.

Os visitantes que se aloxen no municipio de Ribadeo poderán solicitar un pase no establecemento no que fagan a pernoita e terán acceso ao Monumento Natural de maneira directa. A reserva tamén pode realizarse a través da páxina web habilitada e xestionada pola Xunta de Galicia -https://ascatedrais.xunta.es-, aínda que neste caso ten que realizarse cun prazo máximo de quince días de antelación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha