A vacina rusa sométese ao escrutinio da ciencia coa publicación na revista médica The Lancet dos seus resultados nas primeiras fases de ensaio clínico. Tras o polémico anuncio por parte do presidente Vladimir Putin de que Rusia desenvolvera unha vacina contra a Covid-19 segura e eficaz, móstranse agora os primeiros datos (revisados por científicos independentes) que avalan esas afirmacións. The Lancet expón os achados da fase 1 de dous estudos clínicos nos que se probou a inmunización rusa, unha vacina que se administra en dúas doses; tamén informa sobre resultados preliminares de eficacia obtidos nunha fase 2. A vacina móstrase segura e produce resposta inmune, medida tanto na aparición de anticorpos como na inmunidade celular.
36