Retido un buque en Chapela por navegar con 20 persoas de máis e en condicións insalubres


O barco chegou á ría de Vigo o pasado 26 de setembro e a súa inspección non é casual. Esta embarcación atópase nunha listaxe de buques prioritarios para a inspección no convenio París-MOU. Trátase do buque mercante ‘Cool girl’, e permanece retido no peirao de Chapela (Redondela), por transportar unha vintena de persoas de nacionalidade indonesia que non formaban parte da tripulación. Polo que se sabe, este grupo de persoas embarcou nas illas Malvinas. O capitán do barco alega que estas persoas non forman parte da tripulación senón que son viaxeiros. Lembra que a lei internacional permite a este tipo de buques levar 12 viaxeiros a bordo. E que, nalgúns casos, con autorización expresa do país de bandeira do barco, poden levar máis viaxeiros.