Retirados 42 quilos de lixo na contorna da Casa de Man de Camelle

O «mundo fóra do mundo», que o Alemán de Camelle (Man) creou ao carón do mar durante catro décadas sofre as consecuencias do abandono, da erosión e dos temporais. A asociación Mar de Fábula xunto coa AAVV A Pergoliña de Camelle realizaron na mañá deste domingo unha limpeza na contorna da Casa de Man, reivindicando con esta acción que se preste atención ao noso patrimonio. Veciños e veciñas de Camelle, voluntariado da provincia, unhas 15 persoas, foron quen de retirar en total 42 quilos de lixo. Ambas entidades agradeceron enormemente a participación cidadá e a colaboración do Concello de Camariñas. Non é o noso lixo, pero si é o noso planeta, concluíron.

Related posts

Mar e Confraría de Malpica abordan a situación e retos do sector pesqueiro local

Recepción oficial en Carballo ao alumnado do IES Alfredo Brañas que participa no Club de Debate Alingua

Camariñas e Fisterra contarán con vehículos para servizos de Axuda no Fogar financiados pola Deputación da Coruña