Retirados máis de 9.500 niños de vespa velutina no que vai de ano

0 minutes read
Foto.- Cedida.

A directora de Administración Local, Natalia Prieto, avanzou no Parlamento galego que no que vai de ano foron retirados máis de 9.500 niños de vespa velutina no marco do Plan de loita contra esta especie acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Destaca a provincia de Pontevedra con 4.253 niños eliminados ou neutralizados, seguida de A Coruña con 3.458, mentres que en Lugo e Ourense se retiraron 1.056 e 807 respectivamente.