Retiran a patria potestade aos pais dos oito menores maltratados en Madrid

1 minutes read

A parella da localidade de Colmenar Viejo que foi detida polos presuntos malos tratos dos seus oito fillos quedou en liberdade baixo medidas cautelares, entre elas a retirada da patria potestade dos menores, dos que teñen unha orde de afastamento. Por agora, os nenos quedaron ingresados nun centro de primeira acollida da Comunidad de Madrid. A investigación xudicial confirmou “unha grave situación de desamparo” e de violencia doméstica, presuntamente exercida polo pai, ao que tamén se investiga por un posible delito de furto, pois ao rexistrar a vivenda acháronse uniformes e material hospitalario cuxa procedencia non se puido acreditar. Os oito fillos durmían nunha soa habitación dun chalé que conta cuns 250 metros cadrados, con tres plantas e tres baños, segundo contan os veciños.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?