42
A Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios (AEMPS) pediu que non se comercialice e que se retire do mercado un test de antíxenos para a detección do SARS-Cov-2 fabricado pola farmacéutica chinesa Genrui Biotech «debido a un posible incremento de resultados de falsos positivos». A Axencia comezou unha investigación sobre o produto e requiriulles aos distribuidores que o retiren do mercado de xeito voluntario. Distribuíase desde cinco empresas de Madrid capital, Xetafe, Barcelona, Sevilla e Asturias.