Retiran do Sar unha virxe de pedra do século XIV

Os operarios de Patrimonio levantaban este achado que atopou por casualidade un pescador, que agora haberá que estudar a fondo. Cren que no seu día a figura estivo suspendida nalgún mosteiro ou igrexa, e que se trata dunha peza de estilo gótico galego do século XIV. 

Historia e arte viva no lugar menos pensado, no medio do río Sar, en Compostela, nunha zona empedrada e pouco accesible. Din no lugar, moi próximo ao psiquiátrico de Conxo, que aí só van os pescadores. E se van, van ás troitas, pero Fernando Brei ese día non pescou nada, tropezou cunha pedra e a imaxe da virxe sorprendeuno. Tanto que foi axiña xunta unha amiga taxadora de arte que a identificou e comunicou o achado a Patrimonio. Ordenouse o levantamento inmediato dunha peza que, á espera de conclusións definitivas, segundo os expertos data do século XIV e ten un gran valor arqueolóxico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha