Despois de tres anos, a mascarilla deixa de ser obrigatoria en centros sanitarios r volvéronse ver rostros descubertos en hospitais, centros de saúde, residencias e farmacias. A máscara xa non é obrigatoria, pero moitos optan por levala igualmente. De feito segue a ser unha medida recomendada, especialmente para as persoas con síntomas e nas zonas con pacientes vulnerables, as urxencias e as UCI.
Nas farmacias, moitos clientes contaban os días para quitala. Tamén os que están no outro lado do mostrador agradecen poder traballar sen ela, por comodidade e por recuperar a información que se perdía detras da máscara. Hoxe tamén se decreta oficialmente a fin da emerxencia por COVID-19 en España. E con esta despedida poñer a máscara ou quitala é xa unha decisión propia de cada cidadán.