Reto de Vieiro para conmemorar o Día Mundial Sen Tabaco

O sábado 31 de Maio, celébraseo Día Mundial Sen Tabaco. Para conmemorar esta xornada, a asociación Vieiro invita á poboación maior de 18 anos a participar nun reto aportando unha razón para non fumar compartindo fotos dun día sen tabaco a través da realización dalgunha actividade saudable en lugar de fumar: (paisaxes que transmitan benestar, elementos que representen un estilo de vida sá e/ou imaxes que mostren a beleza da vida sen fume).

Para manter a privacidade, solicitan que as fotos non inclúan nin mostren rostros ou caras de persoas.

As fotos recibidas serán publicadas nas redes sociais da entidade ademáis de crear unha galería virtual de benestar na nosa páxina web con momentos positivos que podan reemplazar o hábito de fumar.

Cal é a túa razón para non fumar?

Envía a túa foto poñendo no asunto: “Hoxe elixo” ata o 31 de Maio, día da Conmemoración do Día Mundial sen Tabaco.

Desde Vieiro animan a formar parte desta iniciativa para promover un mundo máis saudable.

Related posts

A piscina municipal da Laracha permanecerá pechada por obras este venres 24 de abril

A Deputación da Coruña apoia o traballo de Senda Nova e de Mar de Fábula, entre outras 20 asociacións medioambientais

O alcalde da Laracha participou no Senado no Acto do sétimo aniversario da Manifestación da España Vaciada