É unha das decisións acordadas para garantir a prestación dos servizos públicos e o funcionamento da economía galega dentro das restricións vixentes. En todos os casos, débense cumprir de forma estrita as medidas e recomendacións sanitarias ante a epidemia de coronavirus para garantir a saúde dos traballadores.
Así, esta semana retomáronse os traballos en obras de relevancia como as estacións intermodais, a Cidade da Xustiza de Vigo, o hospital de Ferrol, ou a construción de novos centros de saúde e educativos en varios concellos galegos.
Tamén se retomaron aquelas actuacións de melloras vinculadas ao Xacobeo 2021, obras de seguridade viaria e reforzos de firme, saneamento das rías galegas, ampliacións e melloras dos portos e obras en centros ocupacionais. Tamén outras actuacións de rehabilitación de vivendas, obras en polígonos industriais, humanizacións ou conservación da natureza.
Ademais destas obras, que estaban en execución antes do inicio do Estado de Alarma e que agora se retoman, tamén se vai continuar a tramitación doutras 116 obras que estaban licitadas ou pendentes de licitar e que suporán un investimento de máis de 67 millóns de euros.