Retomadas as obras da vía Ártabra para concluír o enlace coa N-VI en Iñás, Oleiros

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, retomou as obras da Vía Ártabra co fin de concluír os traballos de construción do enlace desta infraestrutura coa N-VI en Iñás, no concello de Oleiros. A configuración final do enlace será tal e como estaba proxectada: cun nivel superior para a N-VI con 4 carrís de circulación, un nivel intermedio con forma de glorieta e un nivel inferior para darlle continuidade á Vía Ártabra, que quedará preparado para a súa prolongación futura cara a AP-9. Estes traballos levaranse a cabo en tanto en canto non se resolven os recursos de casación presentados pola Administración autonómica ante o Tribunal Supremo fronte as sentenzas ditadas en relación con esta infraestrutura polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.