Retomadas as obras de mellora viaria en Muxía

0 minutes read
  • Este martes comezaron as actuacións de asfalto no lugar de Calo

O Concello de Muxía retomou os traballos de mellora nas vías e pistas do municipio despois dos festivos de Semana Santa e da mellora das condicións meteorolóxicas. Nesta ocasión, as actuacións teñen lugar en Calo, onde os operarios asfaltan un camiño que presentaba complicacións frecuentemente ao ser de barro. Os espazos que presenten características similares tamén serán arranxados nos vindeiros días.

Ademais, este mércores comezan as obras da vía Santa Mariña-Bouzas.