Retomadas as obras de pavimentación en nove parroquias de Carballo

Pista Guntián-As bouzas, en Sofán_Concello de Carballo

  • Vázquez y Reino é a encargada de mellorar case 30 quilómetros de rúas e pistas do rural carballés

Aproveitando o bo tempo, no Concello de Carballo retomáronse esta semana as obras de pavimentación que permitirán mellorar case 30 quilómetros de vías en nove parroquias. En total, 29.610 metros de pistas e rúas nos que se procederá á limpeza de gabias e asfaltado.

Os traballos, adxudicados á empresa Vázquez y Reino, alcanzan os 463.791 euros e contemplan as seguintes zonas: Vivente (Ardaña), Calvelo de Arriba (Sofán), A Fronteira-Calvelo (Sofán), rúa Neptuno (Razo), A Barreira-Cernide (Carballo), O Sisto (Carballo), Leboreo (Bértoa), As Regueiras (Lema), O Seixo-Pardiñas (Razo e Lema), Cambrelle-Pardiñas (Razo e Lema), Porto Lago (Bértoa), Caxín (Rus), O Espiño-Berdillo (Berdillo), Calvelo-Cornaces (Sofán e Rus), Altiboa-Barbalde (Artes e Rus), Cáparos-San Sadurniño (Rus), Cadavoso (Artes) e Guntián-As Bouzas (Sofán).