Retomadas as obras de renovación do firme da estrada DP 2405 en Ordes

Foto.- Cedida.

A Deputación da Coruña retomou as obras de rehabilitación estrutural do firme da estrada DP 2405, entre os puntos quilométricos 6+000 e 6+600, no termo municipal de Ordes, que supoñen un investimento de 89.500 euros.

As obras supoñen a demolición e renovación completa dun total de 1.440 metros cadrados do firme, que estaba seriamente danado, o fresado e escavación de saneo cun metro de profundidade e o recheo posterior con lastro e tres capas de MBC.

Ademais, executarase a substitución da tubaxe de PVC para a recollida de pluviais do tramo e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha