Retomadas as sendas do Camiño de Fisterra

A Deputación da Coruña vén de retomar os traballos por 678.931 euros para a construción de 5 quilómetros de sendas peonís na estrada DP5603, de Negreira a Marco do Condado, pola que discorre o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.

A este orzamento hai que sumar outros 119.116 euros que a institución provincial xa destinou á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.

As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Condado realízanse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos: 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha