Cabana | Retomados os obradoiros de restauración de mobles e traballos manuais no ‘Ruralízate’

Cedida

  • As actividades quedaran paralizadas co inicio da pandemia

O alumnado do programa ‘Ruralízate’ puido retomar esta semana as clases dos obradoiros de restauración de mobles e traballos manuais tras paralizar a súa actividade no 2020 debido ao inicio da pandemia. Esta iniciativa está organizada polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana en colaboración coa Asociación Íntegro.

Estas sesións, destinadas a persoas maiores de 55 anos, seguiranse impartindo de xeito semanal no Centro Íntegro en Nantón e nas instalacións dunha nave na parroquia de Anós. A previsión é rematar a programación desta edición no mes de decembro, aínda que desde o departamento de Servizos Sociais xa anunciaron que haberá novas actividades.

Nesta liña de reiniciar a actividade previa ó comezo da pandemia, o centro de maiores de Neaño comezará a estar dispoñible de novo para toda a veciñanza a partir do mércores 13 de outubro. O servizo estará activo de luns a venres en horario de 15:30 a 20:00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha