Retomados os traballos no campo de fútbol Platas Reinoso de Baio

0 minutes read

Despois dun mes marcado polos temporais, segundo informa o Concello de Zas, esta semana retomáronse os traballos no campo de fútbol Platas Reinoso de Baio, aproveitando a melloría do tempo. A forte humidade das últimas semanas obrigou a atrasar a colocación do céspede; as xuntas non selarían correctamente e os recheos non poden instalarse mollados. Pero coa melloría do tempo destes días, é posible avanzar na instalación. Dende o Concello de zas arman que seguen comprometidos con que o campo quede en condicións óptimas, e agardan que a meteoroloxía permita manter o ritmo sempre que sexa posible.