Retrata o teu Entroido | Nova iniciativa dos Empresarios de Santa Comba

A Asociación de Empresarios de Santa Comba e e varios establecementos de hostalería preparan unha nova iniciativa para dinamizar a economía local durante este Entroido, fundamentalmente á hostalería. Dende este venres 25 de febreiro e ata o 1 de marzo, enviándo unha foto disfrutando da túa consumición, almorzo, xantar ou cea dende calquera dos locais participantes ou dende a túa casa (servizo a domicilio que prestan varios dos locais), entrarás no sorteo dos seguintes premios:

1º PREMIO Un reloxo mark maddox (smart watch).

2º PREMIO Unha cesta de produtos cárnicos.

3º PREMIO 1 cesta de chocolates variados.

As fotos deberán de enviarse, por whatsapp aos contactos que aparecen no cartel anunciador, dende o día 25 de febreiro ata o 1 de marzo. O día 2 de marzo publicaranse no Facebook Empresarios Santa Comba Aes por riguroso orde de entrega, e o día 9 de marzo ás 13:00 horas descubriremos aos tres gañadores por medio das interacións na mencionada rede social.

*Só se poderán enviar dúas fotografías por participante.

*No caso de enviar a foto dende a túa casa deberás adxuntar o ticket de compra.

*Lembra portar algún disfraz ou atrezo de entroido.

*Consulta as bases en www.empresariosdesantacomba.com

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha