Reunión da xunta electoral do Consello Escolar Municipal de Carballo

Alumno nun colexio_Pixabay

Carballo reuniu a xunta electoral do Consello Escolar Municipal, integrada por representantes das familias, do profesorado e do alumnado. Participaron tamén a concelleira de Educación, Mar Eirís, en calidade de vicepresidenta, e María Jesús Trastoy, como secretaria. Na sesión deuse conta do nomeamento de seis representantes por parte da Federación de ANPAS, así como do concelleiro Rubén Lorenzo Gómez, como representante do grupo maioritario da oposición. Por parte dos centros de ensino formarán parte do consello as directoras do CRA Ponte da Pedra, Teresa Rodríguez, e o CEIP A Cristina, Patricia Rodríguez, e polo tecido asociativo figurará Gustavo Álvarez, da Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude. Non se presentou ningunha candidatura por parte do alumnado e tamén están pendentes os nomeamentos por parte da Consellería de Educación, dos movementos de renovación pedagóxica e dos sindicatos, estes últimos pendentes de que a Xefatura Territorial informe sobre os resultados das eleccións sindicais para poder tramitar a solicitude correspondente e continuar co proceso de constitución do Consello Escolar Municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha