Reunión da Xunta pro devolución do Pazo de Meirás

1 minutes read

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás volverá reunirse este venres na Deputación da Coruña co fin de analizar a situación despois da sentenza que obriga á familia Franco a devolver o inmóbel e facer propostas de cara os futuros usos do edificio e os terreos que o rodean. Institucións e entidades foron xa convocadas co fin de retomar os traballos diante da nova etapa que se abre despois da resolución xudicial.

Representantes dos concellos de Sada e A Coruña, da Real Academia Galega, das Universidades e das entidades pola recuperación da memoria histórica foron xa convocadas polo deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, co fin de manter unha nova reunión da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás para analizar a situación actual e as propostas de futuro.

Na reunión participará o deputado do goberno, Bernardo Fernández. Ademais, foron tamén convocados investigadores de especial relevancia na historia da recuperación do inmóbel como Carlos Babío ou os directores dos informes histórico e xurídico encargados pola Deputación da Coruña, que foron fundamentais no proceso xudicial.