Reunión de grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo

1 minutes read

O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo manterá a súa primeira reunión o próximo mércores logo de que a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago acordaran a súa composición. O obxectivo é estudar as últimas evidencias en torno ás figuras e valorar accións conxuntas para a súa reintegración no patrimonio público, seguindo unha folla de ruta sólida e consensuada como se fixo no caso do Pazo de Meirás.

O equipo está presidido polo profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago (USC) Emilio Grandío Seoane.

A constitución deste grupo de traballo -acordada polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodriguez, e o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo-, xurde da necesidade de cooperar e avanzar de xeito conxunto entre as distintas administracións para analizar a nova documentación atopada, defender a protección patrimonial das estatuas e acadar acordos que resulten beneficiosos para a cidadanía a través dun labor serio e rigoroso grazas ao asesoramento destes especialistas xurídicos e históricos.