Reunión de propietarios dos terreos para facer unha senda entre Pastoriza e Vilarrodís, en Arteixo


Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria, para os vindeiros meses de outubro e decembro, dos actos expropiatorios necesarios para a execución das obras dun treito de senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-552, entre Pastoriza e Vilarrodís, no concello de Arteixo. Esta intervención de mellora da seguridade viaria e de promoción da mobilidade sustentable suporá un investimento autonómico de máis de 150.000 euros, tendo en conta o pagamento dos terreos necesarios para a execución da actuación. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses. Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 11 de outubro, ás 10:30 horas na Casa do Concello de Arteixo. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o 15 de decembro, no mesmo lugar e á mesma hora. A intervención posibilitará a circulación a pé nun punto da AC-552 que ten unha configuración complexa. Para iso proxéctase a execución dun itinerario peonil continuo, o reforzo do firme da vía e outras actuacións de reforzo da seguridade viaria.