48
A plataforma de imaxe persoal «Creer en Nosotros», mantivo unha xuntanza con unha representación do BNG para tratar a inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022 dunha emenda para a baixada do IVE no sector ao 10%. Na xuntanza estiveron presentes Néstor Rego (deputado do BNG no Congreso dos Deputados) e Carmela González (deputada do BNG no Parlamento galego). A plataforma «Ceer en Nosotros» estivo representada por Ángeles Salgueiro (portavoz e coordinadora para Galicia) e Agustín Raña (voceiro para Santiago).