Reunión entre VOX La Coruña e a confraría de pescadores de Malpica

Reunión de VOX-La Coruña coa confradía de Malpica

  • Un dos temas que se abordaron foi a problemática das instalacións portuarias e, en particular, a operatividade da dársena interior do porto

O deputado nacional de VOX, José María Sánchez, visitou este domingo Malpica xunto co presidente e vicepresidente da formación na Coruña, Miguel Ángel Fernández e Juan Garcilaso de la Vega, respectivamente. Alí mantiveron unha reunión na sede da Confraría de Pescadores co Patrón Maior, Pedro Pérez, e o secretario, Francisco Varela, para tratar os principais problemas que afectan aos pescadores desta localidade.

Un dos temas que se abordaron foi a problemática das instalacións portuarias e, en particular, a operatividade da dársena interior do porto, onde xa se produciu un accidente mortal na comporta de entrada hai máis de dous anos sen que a Xunta de Galicia adoptase «ninguna medida sobre el terreno para evitar que se repita una situación similar en el futuro», señalan desde VOX La Coruña.

Tamén se abordaron os inconvenientes que supón para a frota artesanal galega o novo regulamento de control de pesca da UE, que impón a obrigación de instalar un diario electrónico de a bordo a todas as embarcacións.