Reunión da CMAT en Vimianzo en torno ao Plan de Sostibilidade Turística

0 minutes read

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu unha reunión convocada pola Costa da Morte Asociación Turística -CMAT-, por unha parte co sector privado da hostalería e por outro cos representantes públicos dos diferentes concellos, coa finalidade de abordar a elaboración dun Plan de Sostibilidade Turística para a Costa da Morte. A presidenta da CMAT e alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, definiu esta xuntanza como «moi satisfactoria» e agradeceu a os/as asistentes/as a súa participación, nun acto que tamén contou coa presenza do vicepresidente da Deputación da Coruña, así como edil carballés, Xosé Regueira.