Revisión de accesos, elementos de seguridade e pasarelas para garantir un tránsito cómodo e seguro no litoral carballés

Nos últimos días, os esforzos municipais céntranse en garantir que todas as infraestruturas e prestacións estean plenamente operativas. Os operarios traballan na revisión e acondicionamento dos espazos públicos, coa limpeza das zonas verdes e o mobiliario urbano, co obxectivo de ofrecer unha experiencia segura, cómoda e de calidade ás persoas usuarias.

Os aseos xa están listos para entrar en funcionamento, o que permitirá dar resposta ao incremento de afluencia previsto durante os días festivos. Do mesmo xeito, revisáronse accesos, pasarelas e elementos de seguridade para garantir un tránsito cómodo e seguro.

A calidade ambiental segue a ser outro dos piares fundamentais. A cualificación de “excelente” nas augas de baño avala o bo estado do litoral e reforza a confianza das persoas usuarias. E, de xeito paralelo, xa está en marcha o proceso de selección de socorristas de cara ao verán.

Related posts

O voluntariado darase cita este domingo para levar a cabo unha limpeza de fondos no porto camariñá de Camelle

A Pleno na Laracha a aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas do Igrexario de Lestón

As firmas elPulpo e Innamoretto únense na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe