Rexeitada a extradición de Assange a Estados Unidos

A xustiza británica rexeitou a extradición de Julian Assange a Estados Unidos, asegurando que é probable que se suicidase baixo as duras condicións de illamento case total dos cárceres dese país. A xuíza de distrito Vanessa Baraitser fai referencia á súa precaria saúde mental, pero rexeitou, con todo, as alegacións da defensa de que o fundador de Wikileaks é vítima dunha persecución política ou de que non tería un xuízo xusto en Estados Unidos. O australiano Assange, de 49 anos, está acusado pola fiscalía estadounidense de 17 cargos de espionaxe e un de intrusión informática pola publicación na plataforma fai dez anos de centos de miles de documentos militares e diplomáticos clasificados. A súa defensa pedirá a súa posta en liberdade da prisión londiniense na que se atopa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha