Rexistrado un sismo de 3,1 graos Richter en Muxía

Muxía, no corazón da Costa da Morte, foi epicentro na madrugada deste luns dun tremor de terra de magnitude 3,1 graos na escala de Richter que se deixou sentir nos municipios lindeiros. En concreto, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o tremor tivo lugar ás 6:38 horas da mañá nunha área rodeada polas aldeas de Quintáns, Cebráns, Fumiñeo e Castelo, a só un quilómetro de profundidade, nun monte próximo a parroquia de San Martiño de Ozón. Os rexistros do IGN apuntan a que o tremor se sentiu, ademais de en Muxía, en zonas de Vimianzo (Baíñas, A Gándara, Caxadas ou Vilaseco, entre outras e, con menor intensidade, en Cee e Dumbría. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha