Rexistrado un sismo de magnitude 2.6 con epicentro en Ponteceso

O Instituto Xeográfico Nacional informou ao 112 Galicia dun tremor de magnitude 2.6 con epicentro no municipio de Ponteceso.

O sismo rexistrouse pouco despois das 22:30 horas deste sábado, e varios particulares contactaron co 112 Galicia minutos antes das 23 horas para sinalar que o sentiran. Un deles, que chamou desde o municipio veciño de Cabana de Bergantiños, indicou que se deixara notar en diversas zonas da comarca.

Con todo, no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se rexistraron danos por este terremoto, que se une á serie de movementos sísmicos que se produciron durante a noite do venres ao sábado na provincia de Lugo.

Related posts

Multitudinario Xantar dos Maiores de Vimianzo

Vieiro puxo en marcha, entre alumnado de 12 a 16 anos, unha iniciativa de desenvolvemento de habilidades socioemocionales

A Xunta dá luz verde ambiental á ampliación dunha explotación de gando vacún de leite en Ponteceso