Rexistrado un sismo dunha magnitude de 2,5 ao norte de Malpica

O Instituto Xeográfico Nacional (IXN), detectou ás 7:14 horas deste luns, por medio da estación sísmica EMAZ ubicada en Mazaricos, un sismo de magnitude 2,5 ao norte de Malpica, preto de onde xa se producira outro coa mesma intensidade o pasado 12 de agosto. A diferenza é que o anterior tiña o seu epicentro a só un quilómetro de profundidade baixo o mar, mentres que o deste luns, tal e como informa o Instituto Xeográfico Nacional, estaba a sete quilómetros de fondo, a uns 42 quilómetros ao norte das Sisargas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha