40
O Instituto Xeográfico Nacional informou dun terremoto de magnitude 4,6 este sábado no océano Atlántico, a uns 250 quilómetros da costa galega. O sismo produciuse ás 13:45 horas a uns 50 quilómetros de profundidade, nun punto do Atlántico situado ao noroeste de Galicia. A Rede Sísmica Nacional informa de que o terremoto tivo unha magnitude de 4,6 e foi constatado por estacións en Noia, Ferrol, Culleredo, Cambre e Sada, todas na provincia da Coruña.