21
As residencias galegas non comunicaran ningún contaxio de covid-19 desde o pasado 8 de xuño, pero este sábado saltou a sorpresa de novo coa identificación de varios casos no centro García Irmáns de Betanzos. Segundo informou a consellería de Política Social, despois de coñecerse o positivo dun traballador, realizouse un cribado entre os residentes no que se detectaron cinco infectados por coronavirus. Afirman que todos están vacinados e en bo estado.