Atopan varias armas e munición no rexistro da vivenda dos detidos de Resistencia Galega


  • Os líderes do grupo volveron este sábado á aldea de Baños, onde atoparon varias armas e munición

A Garda Civil rexistrou a vivenda do concello pontevedrés de Fornelos de Montes na que se agocharon durante varios anos os líderes detidos de Resistencia Galega Antón García Matos e a súa parella Asunción Losada Camba. Ambos os dous foron trasladados dende o cárcere da Lama ata a aldea abandonada na que buscaron acubillo.

A Garda Civil incautouse dun fusil de asalto Cetme LC, unha arma detonadora, un revolver do calibre 22, diversa cartuchería de distintos calibres, diñeiro en metálico e abundante documentación.

Chegaron en medio de fortes medidas de seguridade e estiveron acompañados en todo momento polos seus avogados. A parella levaba 13 anos fuxida da xustiza e foi detida o día 15 de xuño pasado en Vigo pouco despois de entraren en Galicia dende Portugal. Os axentes sospeitan que os detidos tentaban reunirse con colaboradores de Resistencia Galega para ordenarlles, posiblemente, algunha acción terrorista o 25 de xullo.