Rexistros en vivendas e varios arrestados en Muxía nunha operación secreta contra o narcotráfico

1 minutes read

Algo parecía que ía pasar este luns na Costa da Morte cando un amplo despregamento de medios capitaneado por catro furgóns da Garda Civil cruzaba Vimianzo pola AC-552 ás 3:30 horas da madrugada deste luns.

Parte do resultado, unha ampla operación conxunta entre a Garda Civil, Vixilancia Aduaneira e a Policía Nacional montado á primeira hora da mañá nun operativo declarado ‘secreto’, ao parecer froito dunha ampla investigación contra o narcotráfico na zona e que podería estar relacionado co narcosubmarino afundido na zona en xaneiro de 2025.

As primeiras informacións falan de que hai varias persoas detidas, entre elas veciños do propio concello de Muxía tras ser realizados rexistros en vivendas, baixos e garaxes.