Ribadeo ironiza que a Xunta lle axudou nunha obra cunha bolsa de pipas

0 minutes read

O Concello de Ribadeo coloca un cartel no Campo Pepe Barreira no que dá conta das cantidades que achegaron a Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e o propio Concello para o arranxo da devandita instalación e no que simboliza que a achega de 47.000 euros por parte do Goberno Autonómico só daría para comprar pipas. Dende o PP denuncian que o alcalde está sentando un perigoso precedente que podería extenderse a outros concellos e administracións, polo que pide que lle impoñan unha sanción de 300 a 3.000 euros.