Ribadeo retíralle as honras a Franco, que deixa de ser alcalde honorario

1 minutes read

A corporación local de Ribadeo acordou por unanimidade, nunha sesión plenaria ordinaria, deixar sen efecto o acordo do Concello polo que se nomeou alcalde honorario desta localidade da Mariña ao ditador Francisco Franco, no ano 1939.

alcalde da vila, Fernando Suárez Barcia, explicou, en declaracións aos medios de comunicación, que a recente publicación dun libro sobre A Mariña lembrou que Franco fora nomeado alcalde honorario de Ribadeo no ano 1939.

Despois de confirmar ese extremo mediante a comprobación das propias actas do Concello, precisou o rexedor, o Goberno local tomou a decisión de levar a pleno a retirada dese recoñecemento, en cumprimento da Lei de memoria histórica, que di que as administracións públicas tomarán as medidas oportunas para a retirada, entre outras cousas, de mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva da sublevación militar, da guerra civil e da represión da ditadura.

Ese recoñecemento, precisou o alcalde, era unha «exaltación do ditador» e, polo tanto, debía ser retirado.