Ribera Povisa lanza unha campaña para previr as queimaduras solares en nenos

O servizo de Pediatría de Ribera Povisa pon en marcha un programa de prevención de queimaduras solares en nenos. O obxectivo de ‘Sol sen risco’ é que os pais tomen conciencia da importancia de acudir á praia con responsabilidade, pero que tamén os nenos sexan conscientes dos riscos que supón para a súa saúde.

A enfermeira de Pediatría Ane Amil coordina a campaña, que foi presentada no transcurso da sétima reunión do Consello de Pacientes, celebrada este xoves. Consistirá na repartición de folletos explicativos e tamén se involucrará aos máis pequenos con debuxos que logo se expoñerán na área de Pediatría.

No seu relatorio, Amil lembrou que en 2022 detectáronse case 7.500 casos novos de melanoma cutáneo en España, cunha prevalencia que se incrementa a un ritmo do 2 por cento cada ano. A incidencia é maior nos maiores de 65 anos, cun 44 por cento.

Entre as recomendacións, a enfermeira de Pediatría subliñou a importancia de evitar as hora de máxima exposición á radiación, entre as 12 e as 16 horas, protexerse con crema solar, camisetas e lentes de sol, buscar lugares con sombra, aumentar o consumo de líquidos, froitas e verduras, pero limitar o de alcol. Ane Amil lembrou así mesmo que cuanto máis alto sexa o factor do protector solar, máis tempo durará a protección, aínda que hai que reaplicar cada dúas horas ou tras o baño na auga.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha