17° Ribeira Sacra Festival continúa posicionándose como un dos eventos musicais de referencia do panorama galego e, na súa 5ª edición, o festival aposta por impulsar a súa oferta gastronómica grazas ao patrocinio de Cervexas Alhambra, que considera que o principal ingrediente á hora de abordar a gastronomía é o tempo.
Ao encanto dos seus escenarios, situados en espectaculares enclaves naturais, súmase agora un novo aliciente, xa que os asistentes poderán gozar de showcookings e maridaxes culinarias deseñadas por chefs galegos de referencia. En concreto, o venres 16 de xullo, Carlos J. González, chef do Merenzao Restaurante- Vinoteca (Sober) e do Monfortino Gastro Piano Bar (Vigo), será o encargado de poñer todo o sabor na Reitoral de Gundivós. O sábado 17 pola tarde, o Escenario Momentos Alhambra, situado no Miradoiro de Santiorxo, acollerá un showcooking da man de Juan Crujeiras, chef do restaurante Bido (A Coruña), quen deseñará tapas maridadas con algunhas das referencias de Cervexas Alhambra que se ofrecerán con cada consumición.
A experiencia gastronómica do festival complétase coa presenza de Lucía Freitas, da Tafona (Santiago de Compostela), que será a responsable de deseñar as degustacións dos escenarios situados en Regina Viarum e Eurostars Pazo de Sober.