Richard Branson completa a súa viaxe ao espazo


O millonario británico Richard Branson acelera na carreira polo espazo. Este domingo aterrou na terra tras un voo dunha hora que partiu desde a base de Spaceport America no deserto de Novo México. O VSS Unity, avión no que viaxaba xunto a outras cinco persoas, do tamaño dun jet privado, separouse sen problemas da nave VMS Eve e legou a estar a 80 quilómetros da superficie da Terra. Desta maneira o responsable de Virgin Galactic, cuxa fortuna provén da discográfica do mesmo nome, adiántase a Jeff Bezos, que ten previsto unha viaxe ao espazo o 20 de xullo. De feito, a compañía do fundador de Amazon, Blue Origin, criticou nas redes sociais que o seu competidor non alcanzase os cen quilómetros de altitude, a chamada liña Karman que, segundo os estándares internacionais, é a que marca a fronteira co espazo. O obxectivo de ambos é liderar o turismo fóra do planeta para quen llo poida pagar.