38
Foi grazas á celebración da XIV Tarde Noite no Medievo, na que maxia, música e diversos espectáculos foron os responsables de que esta singular aldea cabanesa tivera ocasión de voltar durante unhas horas á Idade Media.
O momento culme da xornada chegou coas tradicionais prevodas medievais, sendo catro as parellas que contraeron nupcias este ano.
Ademais, o talento cabanés tivo o seu oco, como é habitual neste evento, coa actuación de numerosas agrupacións locais e co pregón do acordeonista Eloy Mato.
A música da Banda da Balbina e de Festicultores Troupe foi a responsable de animar o fin de festa.