Risco extremo no Levante por un fenómeno meteorolóxico adverso

A DANA (Depresión Illada en Niveis Altos) entrou este luns polo Cantábrico oriental, deixouse sentir ao final do día e de madrugada con precipitacións débiles e desprázase este martes de norte a sur polo leste peninsular para permanecer estacionaria entre o sueste e o norte de África polo menos ata o venres. Ao paso da DANA mesmo nevará en Pireneos, subliña a Aemet, aínda que o episodio afectará de maneira máis importante ao área mediterránea, con chuvascos e tormentas de intensidade forte ou moi forte, ventos intensos e mal estado da mar, e é probable que as acumulacións de precipitación superen os 100 litros por metro cadrado en amplas zonas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha