Rivera disposto a pactar con Sánchez tras as eleccións

1 minutes read

Ciudadanos arracou a precampaña electoral cun acto en Madrid. Un mitin no que Albert Rivera se compromteu a desbloquear a situación política abríndose a pactar tanto co PP coma co PSOE, tras as eleccións do 10 de novembro.

O líder de Ciudadanos dixo que chamará a Pablo Casado se contan coa maioría parlamentaria que lles permita formar goberno. Se isto non fose posible, comprometeuse tamén a falar con Pedro Sánchez para «convencelo» de que volva «ao constitucionalismo e ao consenso».
Rivera pídelle a Sánchez que «rectifique», que rompa os «acordos con Otegi en Navarra, e con Torra na deputación de Barcelona. E como primeiro paso, que apoie este luns a moción de censura que a formación laranxa presentou en Cataluña.