Rivera convida aos que queren investir a Pedro Sánchez a que funden un novo partido


O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, apareceu de novo despois da gran crise pola que pasa o seu partido, e deixou clara a súa postura: «Se algúns pensan que o sanchismo ten que campar ás sus anchas, que presenten un partido político».

Nun acto previo ao Consello Xeral de Ciudadanos, o primeiro tras a dimisión dos membros da Executiva Toni Roldán e Javier Nart, Rivera reivindicou que agora mesmo Ciudadanos ten libertade para crecer, e que non está sometido a ningún tipo de presión. Tamén manifestou que faría unha oposición “forte,moderada, liberal, e europeísta”.