Robert Redford, lenda do Hollywood do século XX, morre aos 89 anos

A súa morte foi anunciada pola directora executiva da axencia de representantes Rogers&Cowan PMK. Berger confirmou que faleceu mentres durmía, pero non especificou a causa médica exacta.

Redford comezou a súa carreira como actor na década de 1960, con pequenos papeis en series televisivas como ‘Perry Mason’, ‘Alfred Hitchcock presenta’ ou ‘A dimensión descoñecida’. Pero non foi ata o final desa década cando os seus papeis protagonistas en dúas grandes películas da época -‘Descalzos polo parque’ (1967) e ‘Dous homes e un destino’, onda o seu inseparable Paul Newman- chamaron a atención de Hollywood.

Nos 70 xa era toda unha estrela, o que lle permitiu comezar a traballar cun dos grandes directores da súa época, Sidney Pollack. Con el rodou filmes do calibre de ‘As aventuras de Jeremiah Johnson’ (1972), ‘Tal como eramos’ (1973), coprotagonizada por Barbra Streisand, e ‘O golpe’ (1973), pola que se alzou co seu único nomeamento ao Óscar como mellor actor.

Related posts

Cae unha rede de ciberestafadores que lle cargaron 4.100€ a unha muller que estaba de vacacións en Carballo

O Concello de Zas lanza unha nova proposta cultural coa creación de dous clubs de lectura

Conclúe a tempada do servizo de salvamento e socorrismo da praia de Caión