Roberta Metsola elixida nova presidenta do Parlamento Europeo


A deputada conservadora por Malta, Roberta Metsola foi elixida nova presidenta do Parlamento Europeo. Toma a substitución ao socialista italiano David Sassoli falecido o 11 de xaneiro, aínda que a alternancia xa estaba prevista por chegar aquel ao final do seu mandato, segundo é norma no PE.
Roberta Metsola foi elixida este martes presidenta do Parlamento Europeo, ao obter a maioría absoluta na primeira volta da votación, a pesar da súa oposición ao aborto, que suscitou numerosas críticas. É a terceira muller elixida para o cargo, despois das francesas Simone Veil (1979-1982) e Nicole Fontaine (1999-2002).