47
Margarita Robles reuniuse co embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, para mostrarlle a solidariedade do Goberno e da cidadanía española co pobo ucraíno. A ministra expresou ao embaixador que Ucraína segue contando co apoio pleno de España, e que o Goberno español seguirá colaborando na medida das súas posibilidades para «facer fronte á barbarie de Putin». «O noso apoio estamos a manifestalo en todos os ámbitos. Desde o punto de vista humanitario son máis de 130.000 as persoas de Ucraína que chegaron a España. Tamén trouxemos feridos en combate que están no Hospital Militar de Zaragoza recibindo tratamento», dixo a ministra.